Paquetes de experiencias #QuedamosEnGalicia21

Canxea a túa tarxeta do bono #QuedamosEnGalicia en 5 sinxelos pasos con Viaxes Galitur:

  1. Consulta as experiencias que propoñemos
  2. Solicita disponibilidade a través do formulario de contacto dentro de cada paquete.
  3. Verificaremos dispoñibilidade para a data solicitada.
  4. Confirmaremos a reserva co cobro do bono por medio do TPV.
  5. Entrega da documentación co contrato da viaxe combinada correspondente ao paquete contratado.

Orixe da tarxeta #QuedamosEnGalicia

O desenvolvemento das distintas medidas de apoio ao sector turístico galego como consecuencia dos efectos derivados da influencia da covid-19 fixeron posible a creación do Bono turístico #QuedamosenGalicia, unha iniciativa froito da colaboración da Xunta de Galicia e o Clúster Turismo de Galicia para fomentar a actividade a través do incentivo ao uso dos distintos servizos turísticos galegos por parte da cidadanía.

O Bono Turístico, que se puxo en marcha no ano 2020 estende agora a súa cobertura de maneira que toda a poboación galega poderá gozar dos seus beneficios.

¿Cómo funciona a tarxeta?

A Tarxeta Turística #QuedamosEnGalicia21 é unha tarxeta moedeiro que se cargará na entidade  financeira que colaborará coa Xunta de Galicia na posta en marcha deste programa. Nesta nova edición, Turismo de Galicia achegará o 60% do custo do bono mentres que o cidadán beneficiario deberá achegar o 40% restante.

¿Quén se pode beneficiar do uso da Tarxeta Turística?

As persoas maiores de idade empadroadas nos concellos galegos que non se beneficiaron do bono na primeira convocatoria.

¿Cómo se pode solicitar a Tarxeta Turística?

Para este ano o orzamento destinado, polo de agora, xa esta agotado e os cidadáns que obtiveron a tarxeta fixeron a súa solicitude a través da sede electrónica da Xunta. Hai lista de espera por se se amplia o orzamento, pero o prazo de solicitude segue aberto hasta o día 1 de novembro de 2021.

¿Qué tipos de Tarxeta Turística #QuedamosEnGalicia hai?

Hai 3 modalidades de tarxetas que poderán solicitar os cidadáns dentro deste programa #QuedamosEnGalicia21:
  • Tarxeta de 500 € (300 € Xunta – 200 € particular)
  • Tarxeta de 375 € (225 € Xunta – 150 € particular)
  • Tarxeta de 250 € (150 € Xunta – 100 € particular)
Mentres haxa saldo na tarxeta, os beneficiarios poderán seguir facendo uso dela en calquera dos paquetes que propoñemos en Viaxes Galitur.

gl_ESGL