FerrolRutaModernismo

Ruta Modernista en Ferrol

desde 10

  • Saída
    Domingos
  • Duración
    2 horas
  • Detalles da viaxe
  • Tipo de viaxe
    Visitas culturais
Ruta Modernista en Ferrol.

Animámosche a percorrer Ferrol pero mirando cara arriba, gozando desas xoias modernistas que adornan o Barrio da Madalena grazas ao arquitecto Rodolfo Ucha que nos deixou unha magnífica colección de edificios que seguen esta e outras correntes arquitectónicas nas primeiras décadas do século XX: antigos hoteis, xornais, capelas, chalés, nada se lle resistía a este gran artista.

Esta actividade realízase ao aire libre, camiñando e ten unha duración de dúas horas. Non se accede a interiores.

Saídas os domingos de Abril, Maio e Xuño. Suxeito á evolución das condicións sanitarias da pandemia.

PREZOS

Adultos

10 €

Nenos (menos de 10 anos)

De balde

Que está e qué non está incluido no programa
Inclúe:.
  • 2 horas de visita guiada
  • Guía con medidas Covid-19
  • Obrigatorio empregar máscara
  1. Comezo 11:00 Teatro Jofre

    O punto de inicio é diante do Teatro Jofre, na Praza de Galicia.

    Hora de presentación: 10 minutos antes da saída.

  1. Viaxe suxeita ao Real Decreto Lexislativo 1/2007 do 16 de novembro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias.
gl_ESGL