navegando-ortegal-quedamosengalicia-galitur

#QuedamosEnGalicia Navegando por Ortegal

desde 375
  • Saída
    2021
  • Duración
    3 días / 2 noites
  • Detalles da viaxe
  • Tipo de viaxe
    #QuedamosEnGalicia21
#QuedamosEnGalicia Navegando por Ortegal.

Navega en veleiro os pes dos cantís máis altos de Europa cruzando os límites entre o Océano Atlántico e o Mar Cantábrico. Sobe a bordo e descobre as incribles paisaxes das Rías Altas desde una perspectiva totalmente diferente.

Desde o porto de Cariño bordearemos cantís de vertixe baixa “A Serra da Capelada”, que se elevan máis de 600 m sobre o mar (os máis altos da Europa continental).

Se o tempo o permite, pasaremos por “Os 3 Aguillons”, unhas formacións rochosas que se elevan de forma maxestosa sobre o mar desde fai máis de 1100 millóns de anos.

Para descansar propoñémosvos o hotel A Miranda, situado no corazón da ría de Ortigueira, en Cariño.

Concibido como un lugar para descansar e gozar da contorna natural, na Miranda propoñémosche vivir unha experiencia de turismo rural marcadamente orixinal, chea de detalles e toques persoais rodeados dunha atmosfera única e sorprendente. Marisa, a vosa anfitrioa, acolleravos con agarimo e unha atención personalizada e o aloxamento, cun deseño arquitectónico ao servizo do comfort e a paisaxe. conforman un punto de partida perfecto para descubrir Ortegal e as Rías Altas.

Que está e qué non está incluido no programa
Inclúe:.
  • 2 noites de aloxamento en cuarto dobre con vistas á ría.
  • Réxime de aloxamento e almorzo.
  • Paseo en veleiro polo Cabo Ortegal ou a ría de Ortigueira (2 horas e media aprox.)
  • Seguro de asistencia en viaxe (Ver coberturas)
Non inclue:.
  • Servizos extras no aloxamento
  • Calquera outro servizo non indicado no programa
  1. Día 1 Cariño

    Acomodación no Hotel A Miranda (*) e tempo libre para tomar un primeiro contacto con esta vila mariñeira. Recomendámosvos ir visitar o Cabo Ortegal cos seus 3 gardiáns, Os Aguillóns. Despois podedes continuar roteiro ata San Andrés de Teixido pasando pola ”Serra da Capelada”. No camiño podedes detervos no miradoiro de Vixía de Herbeira. Situado a uns 613 metros de altura sobre o nivel do mar, constitúe os cantís máis altos da Europa continental. As vistas, sen lugar a dúbida, deixaranvos atónitos. Para cear recomendámosvos chegar ata Cedeira e gozar da súa variada oferta gastronómica. Regreso ao hotel e aloxamento.

     

  2. Día 2 Cariño

    Almorzo no aloxamento e, á hora indicada, saída do porto de Cariño para realizar o roteiro de navegación no veleiro da empresa local Queres #Ver. Nun roteiro privado dunhas 2 horas e media de duración poderedes navegar entre as augas do Océano Atlántico e do Mar Cantábrico, pasando polo Cabo Ortegal. É unha oportunidade única de ver esta abrupta costa desde un punto de vista totalmente diferente. A actividade está suxeita ás condicións meteorolóxicas. Regreso a porto e resto do día libre, no que vos recomendamos visitar a vila de Ortigueira co seu precioso centro histórico ou podedes achegarvos a Loiba (Ortigueira) para disfrutrar das vistas desta costa desde ”O mellor banco do Mundo”. Aloxamento.

  3. Día 3 Cariño

    Almorzo no aloxamento e, se vos queda tempo, a vosa anfitrioa no hotel estará encantada de facilitarvos consellos para continuar o voso roteiro no voso camiño de regreso.

    Fin da viaxe e dos nosos servizos.

queresvelaweb2
Hotel A Miranda *

A Miranda é un hotel de seis cuartos dobres e unha Suite, situado no corazón da ría de Ortigueira, en Cariño; aproximadamente a unha hora e cuarto da Coruña.

Concibido como un lugar para descansar e gozar da contorna natural, na Miranda podes vivir unha experiencia de turismo rural marcadamente orixinal, chea de detalles e toques persoais cos que gozar dunha atmosfera única e sorprendente.

  1. Viaxe suxeita ao Real Decreto Lexislativo 1/2007 do 16 de novembro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias.
  2. Prezo para 2 persoas: 375 €
  3. Oferta non válida para os meses de xullo e agosto.
  4. A actividade do veleiro está suxeita ás condicións meteorolóxicas.
gl_ESGL

    Nombre(*):

    Email(*):

    Teléfono(*):

    Programa que te interesa (*):

    Fecha de inicio(*):

    Comentarios: