Interrail

A mellor forma de percorrer Europa en tren desde Galicia

Club de Viajes by Galitur

Somos especialistas en Interrail

Ao longo dos anos moitos mozos galegos, compañeiros de clase ou grupos de amigos, acudiron ás nosas oficinas para solicitar información sobre Interrail. É algo así como un paso do ecuador, unha aventura coa que probar que podes defenderte pola túa conta polo mundo adiante e toda unha garantía de aventura na mellor compañía. En resumo, unha viaxe única na vida co que poder percorrer ata 33 países europeos.

Aquí vos deixámos algunha información útil para coñecer mellor este formato de viaxe. En Viaxes Galitur somos especialistas e aconsellámosvos como debedes de utilizalo, ademais de asesorarvos para elaborar o itinerario, a reservar os voos desde España ao punto de inicio e o regreso desde o último destino, e os aloxamentos máis económicos e mellor situados en cada cidade, que adoitan ser apartamentos, hostels e hoteis.

Se xa tedes claro que é interrail e estades interesados nun orzamento máis personalizado, non o dubidedes e cubride o formulario de contacto. Poñerémonos de contado a axudarvos a deseñar o voso itinerario.

¿Qué é Interrail?

Interrail é un pase flexible de tren para viaxar por toda Europa, de forma económica, que che permite deseñar un itinerario á túa medida.

É ideal para mozos, aínda que se pode usar en todas as idades, con descontos adicionais para menores de 27 anos e maiores de 60. A opción máis habitual é realizalo ao terminar 2º de Bacharelato (17-18 anos) ou o primeiro ou segundo curso da Universidade (18,19 ou 20 anos).

 

¿Qué países se visitan con Interrail?

Pódense visitar 33 países de Europa, os máis habituais son: Bélxica, Francia, Países Baixos, Alemaña, República Checa, Austria, Hungría, Italia.

Dependendo da duración, adóitase terminar a viaxe cuns días de descanso e praia en Croacia, Grecia ou o sur de Italia.

A duración da viaxe oscila entre os 15 e os 21 días, sendo esta última a máis frecuente.

¿Canto dura o Interrail?

O pase de Interrail é bastante flexible. Tes un prazo de 11 meses desde que adquires o billete para poder usalo. O prazo empeza a contar desde o primeiro servizo no que fagas uso do billete de Interrail. A partir de aí, xa depende da modalidade de pase que mercases pois che permitirá viaxar desde 4 días ata os 3 meses.

¿Canto custa o Interrail?

Ben, esta pregunta responderémola como bos galegos: depende. Á hora de reservar un pase de Interrail teredes que ter en conta, en primeiro lugar, dúas cousas: días de viaxe e validez.

Precios de Interrail capturados en 2022

A parte de validez non ten máis ciencia: se compras un pase de 1 mes, o tempo que tes para viaxar é dentro dese período.  Unha vez que fagas o primeiro uso do, empezará a contar o tempo.

Despois, dentro dese período podes viaxar os días de viaxe que escollas: 4, 5, 7, 10 ou 15 días dentro desa marxe de validez que vai de 1 a 2 meses.

Hai outra opción que é o Global Pass, no que días de viaxe e validez coinciden. Estes xa estamos a falar de grandes viaxeiros, que che permitirá moverte ilimitadamente ao longo de 15 días ata 3 meses, todo o que o corpo aguante.

No prezo final inflúen outras 2 variables: a idade e a clase de asentos que reserves.

No que a clase de asentos respecta, só hai 2 categorías: 1ª clase ou 2ª clase e, obviamente, as prestacións e os seus prezos varían. En 2ª clase o nivel de comodidade dos asentos é estándar e non dispós de vantaxes adicionais coma se viaxas en 1ª clase, onde ademais os asentos son máis confortables e adoita haber menos xente.

comparación de servicios en interrail

E en canto á idade, hai 4 categorías que afectan o prezo:

  • Nenos. De 4 a 11 anos
  • Mozos. De 12 a 27 anos
  • Adultos. De 28 a 59 anos
  • Adultos maiores. De máis de 60 anos

 

¿Cómo funciona Interrail?

Para saber como funciona o pase de Interrail o mellor é visitar a súa páxina web: www.interrail.eu, onde poderedes atopar unha explicación detallada sobre os tipos de pases e como se utilizan. En Viaxes Galitur somos especialistas e aconsellámosvos como debedes de utilizalo, ademais de asesorarvos para elaborar o itinerario, a reservar os voos desde España ao punto de inicio e o regreso desde o último destino, e os aloxamentos máis económicos e mellor situados en cada cidade, que adoitan ser apartamentos, hostels e hoteis.

 

Solicita o teu orzamento para Interrail

Contactaremos contigo para enviar unha proposta

    Nome*
    Email*
    Teléfono*
    Primeiro país a visitar
    Último país a visitar
    Resto de países a visitar
    Data de inicio prevista
    Nº de noites en cada país
    Nº de viaxeiros*
    Edades dos viaxeiros*
    Comentarios

    Iniciar chat
    ¿Necesitas ayuda o tienes dudas?
    👋 Hola, ¿Cómo podemos ayudarte?