SanFelipeFortalezaInvencibleVisita

Visita guiada ao Castelo de San Felipe: A Fortaleza Invencible

desde 10

  • Saída
    Sábados
  • Duración
    1 hora e 30 minutos
  • Detalles da viaxe
  • Tipo de viaxe
    Visitas culturais
Visita guiada al Castillo de San Felipe: La Fortaleza Invencible.

A visita ao castelo de San Felipe é imprescindible cando se visita Ferrol. Comezamos na súa entrada e logo iremos percorrendo esta impresionante fortificación do século XVIII de 16.000 m2 polos seus diferentes patios, batería baixa e alta e patio de armas.

Pero é esencial que fagas esta visita con guía porque o castelo está baleiro e se non nos tes ao teu lado para explicarche a orixe, a historia, a evolución da fortificación, se non che acompañamos para mostrarche os recunchos máis escondidos e curiosos, se non che explicamos para que eran certas partes e por que está así, quedarás a medias e só verás grandes paredes de pedra ao bordo do mar.

Por todo isto, nós ofrecémosche visitas guiadas cheas de información. Desde como disparaban un canón de avancarga ata porque temos tres castelos na Ría moi xuntos. Falarémosche tanto do pasado afastado do castelo como do seu presente e a súa historia máis recente. Descubrirémosche todo o que as pedras non che contan.

Saídas os sábados de Marzo, Abril e Maio. Suxeito á evolución das condicións sanitarias da pandemia.

PREZOS

Adultos

10 €

Nenos (menos de 10 anos)

De balde

Que está e qué non está incluido no programa
Inclúe:.
  • Visitas guiadas todos os sábados ás 17:00 horas.
  • A actividade dura unha hora e media.
  • Esta visita non é accesible.
  • Obrigatorio empregar máscara
  • Imprescindible amosar DNI/Pasaporte para o acceso
  1. Inicio - 17:00 Castillo de San Felipe

    O punto de encontro é na entrada do Castelo de San Felipe.

    A hora de presentación é 10 minutos antes do inicio da visita.

Castillo San Felipe Ferrol galitur 1149x960
  1. Viaxe suxeita ao Real Decreto Lexislativo 1/2007 do 16 de novembro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias.
  2. Prezos:
    • Ticket general: 10 € por persona
    • Menores de 10 años: gratis
  3. Saída garantida cun mínimo de 4 participantes.
gl_ESGL