Sendas de Cedeira - galitur - quedamosengalicia21

#QuedamosEnGalicia de Sendas por Cedeira

desde 80 por persoa en cuarto dobre
  • Saída
    2021
  • Duración
    3 días / 2 noites
  • Detalles da viaxe
  • Tipo de viaxe
    #QuedamosEnGalicia21
#QuedamosEnGalicia de Sendas por Cedeira.

Ven a descubrir Cedeira e as Rías Altas con estes roteiros guiados (de nivel baixo/medio) nas que coñecerás os camiños polos que discorre o roteiro do chamado Muíño do Corveiro, Cedeira a través do seu centro histórico e Punta Sarridal e, por suposto, poderás visitar o santuario de Santo André de Teixido e os cantís máis altos da Europa continental.

Se o tempo o permíte, poderás gozar dunha das postas de sol máis espectaculares xamais vistas en Santo Antonio do Corveiro.

Require un mínimo de 2 cuartos dobres.

Non válida para os meses de xullo e agosto.

Que está e qué non está incluido no programa
Inclúe:.
  • 2 noites de aloxamento en cuarto dobre.
  • Réxime de aloxamento e almorzo.
  • Roteiro guiado polo Muíño do Corveiro
  • Roteiro guiado por Cedeira
  • Seguro de asistencia en viaxe (Ver coberturas)
Non inclue:.
  • Servizos extras no aloxamento
  • Calquera outro servizo non indicado no programa
  1. Día 1 Cedeira

    Chegada a Casa A Pasada e encontro coa vosa anfitrioa, María. Tras acomodarvos, iniciaredes un percorrido a pé polo val que rodea a casa para coñecer o río e o antigo Muíño do Corveiro.

    A continuación, saída no voso propio vehículo cara a Cedeira para gozar da posta de Sol desde a Ermida de Santo Antonio do Corveiro..

    Regreso e aloxamento..

  2. Día 2 Cedeira

    Almorzo no aloxamento e posterior saída cara ao Cabo Ortegal para gozar das súas vistas espectaculares no km 0 da península, onde se unen o Atlántico e o Cantabrico.

    Continuación pola Serra da Capelada realizando o roteiro dos miradoiros, chegaremos ao cantil máis alto da Europa continental, a Garita de Herbeira, situado a 613 m de altitude.

    Chegada a Santo André de Teixido, santuario relixioso coñecido polas súas tradicións e lendas.

    Tempo libre para gozar da gastronomía do lugar e os seus arredores.

    Regreso e aloxamento..

  3. Día 3 Cariño

    Almorzo no aloxamento e saída hacia Cedeira

    Realizaremos un percorrido a pé polo casco antigo cunha posterior visita a Punta Sarridal, onde coñeceremos o seu castelo do s. XVIII, o interesantísimo castro preromano recentemente escavado, as antigas cetarias, o faro e as paredes rochosas por onde se descolgan os percebeiros da zona.

    Tempo libre para xantar en Cedeira.

    Fin da viaxe e dos nosos servizos.

sendas de Cedeira - Galitur - QuedamosEnGalicia21
Casa Rural A Pasada


Casa A Pasada dispón de cinco amplos cuartos dobres (convertibles en triples ou cuádruples), con baño completo e televisión.

Cada un deles leva o nome de lugares da zona (Cedeira, Ortigueira, Cariño e Cabo Ortegal) e o do antigo uso da casa (Escola das Nenas).

Conta, ademais, cun recuncho preparado para os nenos: unha encantadora zona de xogos na que os máis pequenos poden gozar tamén dunha casiña que reproduce Casa A Pasada.

  1. Viaxe suxeita ao Real Decreto Lexislativo 1/2007 do 16 de novembro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias.
  2. Prezo total para 2 persoas: 160€
  3. Reserva mínima de 2 cuartos dobres.
  4. Oferta non válida para os meses de xullo e agosto.
gl_ESGL

    Nombre(*):

    Email(*):

    Teléfono(*):

    Programa que te interesa (*):

    Fecha de inicio(*):

    Comentarios:

      Nombre(*):

      Email(*):

      Teléfono(*):

      Programa que te interesa (*):

      Fecha de inicio(*):

      Comentarios: