Camino-Ingles-Ferrol

Visitas no Camiño Inglés para peregrinos

desde 65

  • Saída
    Sábados
  • Duración
    3 días
  • Detalles da viaxe
  • Tipo de viaxe
    Visitas culturais
Visitas en el Camino Inglés para peregrinos.

O Camiño Inglés combina o roteiro en barco co percorrido terrestre ata Santiago de Compostela. O seu punto de partida en terra firme é Ferrol, unha cidade ilustrada e modernista, con ricas tradicións culturais, artísticas e gastronómicas e cun estilo de vida único e singular.

Este programa* vai dirixido a quen decida vivir a experiencia do Camiño desde o Peirao de Curuxeiras de Ferrol, en grupo ou de forma individual, para que antes de iniciar a aventura Xacobea, descubras e goces da cidade durante 3 días/2 noites coma se foses da man dun ferrolán/a (ceas con espectáculo, entradas a museos, degustacións, obradoiros, visitas guiadas, paseo en barco…).

Unha experiencia que che levará a percorrer unha etapa máis do Camiño Inglés ou doutro roteiro Xacobeo a Santiago de Compostela.

Suxeito a un mínimo de participantes. No caso de non acadar o mínimo, poderase substituír algunha das visitas previstas ou se reembolsará o importe.

Que está e qué non está incluido no programa
Inclúe:.
  • Paquete de benvida
  • Visita guiada ao Arsenal Militar de Ferrol
  • Entrada a Exponav
  • Aperitivo Ilustrado
  • Mariscada do Camiño
  • Seguro de asistencia en viaxe e cancelación
Non inclue:.
  • Bebidas no xantar/cea e calquera outro non especificado.
  1. Día 1 Venres

    O punto de inicio é diante da oficina de turismo do Porto de Ferrol, onde se recolle o pack de benvida e facilitaranvos indicacións para unha visita libre ao Ferrol Ilustrado, con recomendacións para probar un viño e aperitivo ilustrado.

    De seguido, cea cunha Mariscada do Camiño nun restaurante.

     

  2. Día 2 Sábado

    Á hora indicada visita guiada ao Arsenal. A súa grandiosa arquitectura, ademais de cumprir funcións defensivas, mostraba o poderío da Coroa Española, polo que os seus edificios teñen as mellores fachadas cara ao mar.
    Este Ben de Interese Cultural mantense operativo na actualidade. Conta con dúas portas, a da Fama, que alberga o escudo de Felipe V que estaba no antigo arsenal dá Graña (1726) e a Porta do Dique.

    Tempo para visitar Exponav (entrada incluída) e o Museo Naval (entrada gratuíta) situado no antigo penal de San Campio no que poderás coñecer a historia da Mariña Española.

    Tempo libre para o xantar.

    Pola tarde, paseo en barco pola ría de Ferrol e, tras amarrar, aperitivo de despedida no Porto de Ferrol.

  3. Día 3 Domingo

    Comezo da peregrinación a Santiago.

  1. Viaxe suxeita ao Real Decreto Lexislativo 1/2007 do 16 de novembro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias.
  2. Suxeito a un mínimo de participantes. No caso de non acadar o mínimo, poderase substituír algunha das visitas previstas ou se reembolsará o importe.
  3. Inclúe Seguro de Asistencia en Viaxe e de Cancelación con coberturas extras por Covid-19
    • Gastos médicos en España: 600 euros ** Franquía de 50 euros***
    • Gastos odontolóxicos: 120 euros.
    • Traslado sanitario de enfermos, feridos, restos mortais: Incluído.
    • Prolongación de estancia en hotel por enfermidade ou accidente: 60 euros/día un máximo de 10 días.
    • Desprazamento de persoa para acompañar a asegurado hospitalizado: Incluído ** depende días de ingreso***
    • Regreso de asegurado en caso de falecemento de familiar directo: Incluído.
    • Perda, danos e roubo de equipaxe: Incluído ata 60 euros por obxecto individual e 600 euros por conxunto de artigos.
    • Demora da equipaxe superior a 12 horas: 60 euros.
    • Perda de conexión de voos: 45 euros.
    • Gastos de anulación de viaxe non iniciada: 1.200 euros.
    • Ata 29 causas de anulación.
    • Gastos de interrupción da viaxe: 1200€
    • Responsabilidade civil: 30100 euros.
    • Traslado a hospital en caso de urxencia: Incluído
gl_ESGL