Portada-camino-ingles-ferrol-3

Visitas no Camiño Inglés para non peregrinos

desde 65

  • Saída
    Venres
  • Duración
    3 días
  • Detalles da viaxe
  • Tipo de viaxe
    Visitas culturais
Visitas en Camino Inglés para no peregrinos.

O Camiño Inglés combina o roteiro en barco co percorrido terrestre ata Santiago de Compostela. O seu punto de partida en terra firme é Ferrol, unha cidade ilustrada e modernista, con ricas tradicións culturais, artísticas e gastronómicas e cun estilo de vida único e singular.

Este programa* vai dirixido a quenes decidades vivir a experiencia do Camiño desde o Peirao de Curuxeiras de Ferrol e que non sexan peregrinos pero queiran descubrir Ferrol, porque o mesmo paquete (3 días /2 noites) convida a vivir a experiencia de percorrer os primeiros pasos do Camiño Inglés, para o que contarás coa credencial, o apoio e a información necesaria para descubrir os sentimentos e as sensacións que esperta o roteiro a Santiago que, desde a Idade Media, foi percorrida por miles de peregrinos que chegaban en barco a Ferrol desde os países do norte de Europa.

Unha experiencia que che levará a percorrer unha etapa máis do Camiño Inglés ou doutro roteiro Xacobeo a Santiago de Compostela.

*Suxeito a un mínimo de participantes. No caso de non acadar o mínimo, poderase substituír algunha das visitas previstas ou se reembolsará o importe.

Que está e qué non está incluido no programa
Inclúe:.
  • Paquete de benvida
  • Visita guiada "Primeira Milla do Camiño"
  • Entrada a Exponav
  • Entrada ao Museo Naval
  • Visita guiada e obradoiro das Meninas de Canido
  • Aperitivo no porto de Ferrol
  • Paseo en barco pola ría de Ferrol
Non inclue:.
  • Bebidas no xantar/cea e calquera outro non especificado.
  1. Día 1 Venres

    O punto de inicio é diante da oficina de turismo do Porto de Ferrol, onde se recolle o pack de benvida e facilitaranvos indicacións para unha visita libre ao Ferrol Ilustrado, con recomendacións para probar un viño e aperitivo ilustrado.

  2. Día 2 Sábado

    Á hora indicada, encontro co guía para realizar a visita guiada da Primeira Milla do Camiño. Saída desde o porto de Curuxeiras para realizar o primeiro tramo do camiño ata a Igrexa das Angustias, con posibilidade de continuar libremente ata a ermida de Caranza.

    Posteriormente, visita libre (entrada incluída) a Exponav, o maior museo de Europa dedicado á construción naval. Ao terminar, visita libre ao Museo Naval.

  3. Día 3 Domingo

    Visita guiada e obradoiro nas Meninas de Canido.

    Finalizada a visita, degustarás un aperitivo no Porto de Ferrol e, a continuación, un paseo en barco pola ría de Ferrol.

GaleriaMeninasCanido (1)
Exponav+Museo_Naval
  1. Viaxe suxeita ao Real Decreto Lexislativo 1/2007 do 16 de novembro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios e outras leis complementarias.
  2. Suxeito a un mínimo de participantes. No caso de non acadar o mínimo, poderase substituír algunha das visitas previstas ou se reembolsará o importe.
  3. Inclúe Seguro de Asistencia en Viaxe e de Cancelación con coberturas extras por Covid-19
    • Gastos médicos en España: 600 euros ** Franquía de 50 euros***
    • Gastos odontolóxicos: 120 euros.
    • Traslado sanitario de enfermos, feridos, restos mortais: Incluído.
    • Prolongación de estancia en hotel por enfermidade ou accidente: 60 euros/día un máximo de 10 días.
    • Desprazamento de persoa para acompañar a asegurado hospitalizado: Incluído ** depende días de ingreso***
    • Regreso de asegurado en caso de falecemento de familiar directo: Incluído.
    • Perda, danos e roubo de equipaxe: Incluído ata 60 euros por obxecto individual e 600 euros por conxunto de artigos.
    • Demora da equipaxe superior a 12 horas: 60 euros.
    • Perda de conexión de voos: 45 euros.
    • Gastos de anulación de viaxe non iniciada: 1.200 euros.
    • Ata 29 causas de anulación.
    • Gastos de interrupción da viaxe: 1200€
    • Responsabilidade civil: 30100 euros.
    • Traslado a hospital en caso de urxencia: Incluído
gl_ESGL