Experimenta o Camiño Inglés

Tanto para peregrinos como para calquera viaxeiro que visita Ferrol, estas experiencias faranche vivir de maneira diferente o inicio do Camiño Inglés a Santiago de Compostela. Ti decides se percorrer só os primeiros quilómetros do roteiro ou gozar dunha inmersión máis profunda.

O Camiño Inglés combina o roteiro en barco co percorrido terrestre ata Santiago de Compostela. O seu punto de partida en terra firme é Ferrol, unha cidade ilustrada e modernista, con ricas tradicións culturais, artísticas e gastronómicas e cun estilo de vida único e singular.

Este programa vai dirixido a quen decida vivir a experiencia do Camiño desde o Peirao de Curuxeiras de Ferrol, en grupo ou de forma individual, para que antes de iniciar a aventura Xacobea, descubras e goces da cidade durante 3 días/2 noites coma se foses da man dun ferrolán/a (ceas con espectáculo, entradas a museos, degustacións, obradoiros, visitas guiadas, paseo en barco…).

E tamén para quenes non sexan peregrinos pero queiran descubrir Ferrol, porque o mesmo paquete (3 días/2 noites) convida a vivir a experiencia de percorrer os primeiros pasos do Camiño Inglés, para o que contarás coa credencial, o apoio e a información necesaria para descubrir os sentimentos e as sensacións que esperta o roteiro a Santiago que, desde a Idade Media, foi percorrida por miles de peregrinos que chegaban en barco a Ferrol desde os países do norte de Europa.

Unha experiencia que che levará a percorrer unha etapa máis do Camiño Inglés ou doutro roteiro Xacobeo a Santiago de Compostela.

Paquete de benvida con credencial de peregrino incluída

Aloxamento en hoteis seleccionados en réxime de aloxamento e almorzo

Degustación da gastronomía local

Seguro de asistencia en viaxe e de cancelación con coberturas extra por mor da Covid-19

Entradas para museos ou actividades indicadas

Visitas con guías profesionais

Experiencias do Camiño Inglés sen aloxamento

Experiencias no Camiño Inglés con aloxamento (1 a 9 persoas)

Experiencias no Camiño Inglés para grupos (+10 persoas)

App de realidade aumentada

Descarga a aplicación de realidade aumentada e enfoca a cámara do teu móbil á carátula do folleto.

POLITICA DE PRIVACIDADE. Camino Ingles Ferrol RA emprega a cámara do dispositivo para tomar fotos e poder usar así as súas capacidades de realidade aumentada. Soamente é empregada para este fin.


gl_ESGalego